Bos
días a todxs, como sabedes o pasado martes día 14 de Abril deu comezo o 3º
trimestre do curso e imos implementar para a materia de Debuxo Técnico o
emprego do Blog como unha ferramenta máis de información e comunicación entre
vós, os alumnos e as vosas familias, e máis eu, a profe de Debuxo.
Aínda
que xa recibistes vía mail, como nas anteriores semanas, o temario e os
exercicios a desenvolver ata a vindeira semana, vou a deixar unhas pequenas
instruccións nesta primeira entrada, para adiantarvos como imos a traballar a
partir de agora.
Cada
semana haberá unha entrada no blog coa seguinte información:
1. CONTIDOS que imos a desenvolver nas dúas sesións semanais.
2. RECURSOS cos que traballar de forma eficiente e clara os contidos elexidos, que ben poderán ser páxinas do libro de texto da materia, vídeos relacionados, enlaces a blogs específicos de debuxo técnico, etc.
3. POSTA en PRÁCTICA do traballado cos recursos empregados para contribuir á aprendizaxe dos contidos. Deixareivos dous enlaces onde atoparedes por unha banda os exercicios que debedes de facer e entregar e polo outro as solucións para que poidades facer AUTOAVALIACIÓN dos mesmos.

Esto
que vos describo non é máis que o que vimos facendo estas últimas semanas desde
que estamos confinados nas nosas casas. A posta en práctica serán exercicios para
resolver e entregar antes da seguinte sesión. O modo de entrega é o mesmo que
ata o de agora, escaneades as solucións dos exercicios feitos por vós ou
facedes unha foto co móbil o máis clara posible e enviádela ó meu mail.
Antes
da entrega e como vimos facendo eu estarei atenta ó mail para ir resolvendo as
dúbidas que vos vaian xurdindo durante o tempo que lle adiquedes cada un de vós
á posta en práctica.
E
por último enviar unha mensaxe a tódolos pais, informarvos que estou á
disposición de cada un de vós a través do meu correo electrónico (martasagi@hotmail.com) para que
contactedes conmigo en caso de necesitar resolver calquera tipo de dúbida
respecto ó que se refire ós vosos fillos na materia de Debuxo Técnico.
Un abrazo forte a todxs e moito ánimo para seguir levando esta situación da mellor
forma posible!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario