Boas tardes a todxs!!
Como xa vos contei por correo electrónico
comezamos tema novo, TEMA
11, VISTAS.
Das páxinas 148 á 152 é repaso do que xa vimos en Sistema
Diédrico, así que podedes botarlle un ollo porriba e pasar directamente ás páxinas 153,154 e 155. Por si hai
alguén que non teña o libro de texto na casa, déixovos este enlace onde atoparedes
as páxinas ás que vos fago referencia. Tamén vos deixo este outro enlace onde podedes ver un resumo do tema das
vistas dun obxecto así como practicar con exercicios a mellora da visión
espacial. Hai unha chea de figuras que vos axudarán a avanzar no tema da
identificación das vistas dun obxecto. Botádelle un ollo e ídesme decindo que
tal o levades. Podemos traballar
a páxina 5 e 7 de aquí ó mércores que ven. E para a próxima semana
traballamos a 6 e a 8.
Déixovos aquí as solucións para autoavaliarvos cando teñades feitos os exercicios.
Déixovos aquí as solucións para autoavaliarvos cando teñades feitos os exercicios.
Aquí estarei esperando as vosas dúbidas, ánimo!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario