martes, 26 de mayo de 2020

1ºBACH_SEMANA 27-28MAIO

Boas tardes a todxs!

Tanto a semana pasada como esta seguimos coas perspectivas ISOMÉTRICAS. O obxectivo é, como xa sabedes gañar destreza no debuxo de pezas en tres dimensións a través das vistas en diédrico, por eso a web interactiva coa que estamos a traballar é unha boa ferramenta para que melloredes neste aspecto. 
Na clase online do venres 22 fixemos o exercicio que tiñamos para entregar e outro máis, envíovos o enlace da clase por mail. 
Déixovos a continuación os dous exercicios para a entrega do día 29 de Maio.  
O venres ás 12h correxímolos na clase online. 
Para máis dúbidas estou ó outro lado do correo electrónico. 

Animádevos a participar na clase online do venres, con cámaras encendidas ou apagadas!!

Espero que sigades ben, un saudiño a todxs!!!

miércoles, 20 de mayo de 2020

2ºBACH_SEMANA 20-21 MAIO

Boas tardes a todxs!

Déixovos por aquí o modelo de exame da PAU 2012 co que imos a traballar esta semana (ENTREGA do día 24 de Maio), así como unha serie de enlaces que vos servirán como recursos para chegar á resolución do mesmo tal e como quedamos na clase pasada.  

Aquí quedan os enlaces: 

Xa sabedes que a data tope de entrega é este Domingo 24 de Maio. 
A continuación deixo máis opcións para o traballo do exame de selectividade:
- enlace 1
- enlace 2

martes, 19 de mayo de 2020

Fondo libros e axudas para material escolar 2020-2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
O prazo de solicitude empeza mañá 20 de maio e remata o 19 de xuño de 2020. 
Poden solicitala:
  • en liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365». 
  • presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:30

Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de educación  aquí.

miércoles, 13 de mayo de 2020

1ºBACH_SEMANA 13-14MAIO

Bos días a todxs!

Déixovos por aquí unha serie de enlaces ós que botarlle un ollo para ver do que imos a falar na clase do venres 15. 
O primeiro deles é unha web interactiva para entrar en contacto coa isometría de xeito moi intuitivo, o segundo é unha folla resume coa teoría desta parte que concretiza os aspectos máis importantes a ter en conta para debuxar figuras en perspectiva isométrica a partir das súas vistas, o venres ás 12h veremos todos esto na sesión online e definiremos a entrega do día 22 de Maio.   

Anímovos a todxs a traballar estes recursos e a participar na clase online do venres!!

Un saudiño a todxs!!!

2ºBACH_SEMANA 13-14 MAIO

Bos días a todxs!

Déixovos por aquí o modelo de exame da PAU 2013 co que imos a traballar esta semana (ENTREGA do día 17 de Maio), así como unha serie de enlaces que vos servirán como recursos para chegar á resolución do mesmo tal e como quedamos na clase pasada, o terceiro exercicio en vez de facer perspectiva lineal faredes ISOMETRICA.  

Aquí quedan os enlaces: 

Xa sabedes que a data tope de entrega é este Domingo 17 de Maio. 
A continuación deixo máis opcións para o traballo do exame de selectividade:
- enlace 1
- enlace 2
- enlace 3


Moito ánimo a todxs!!

viernes, 8 de mayo de 2020

PLANNING FINAL DO CURSO_ 1ºBACH e 2ºBACH

Déixovos o PLANNING coas datas importantes de aquí ao remate do curso. 


1º Bach


  • Clases ONLINE_ Venres 15, 22, 29 de Maio e 5, 12, 19 de Xuño (12:00h).
  • ENTREGAS_  Días 22, 29 de Maio e 5, 12 de Xuño.

2º Bach

  • Clases ONLINE_ Xoves 14, 21, 28 de Maio e 4 de Xuño (11:00h e 12:00h).
  • ENTREGAS_ Días 10, 17, 24, 31 de Maio e 7 de Xuño. 

2º BACH_SEMANA 6-7 MAIO

Boas tardes a todxs!

Déixovos por aquí o modelo de exame da PAU 2014 co que estamos a traballar esta semana (aínda que xa o tendes dende o domingo pasado no voso mail), así como unha serie de enlaces que vos servirán como recursos para chegar á resolución do mesmo tal e como quedamos na clase online de onte.  

Aquí quedan os enlaces: 


Xa sabedes que a fecha tope de entrega é este Domingo 10 de Maio. 


Moito ánimo a todxs!!

lunes, 4 de mayo de 2020

Actividades de plástica de 1º de ESO

Boas, 

Esta publicación vai dirixida a todo o alumnado de 1º de ESO. O voso profesor de plástica valorará calquera debuxo de temática libre que lle enviedes a través do correo electrónico. Podedes empregar calquera das técnicas ou contidos traballados durante o curso ou outros novos.

Un saúdo.