martes, 26 de febrero de 2019

Alta participación no concurso de ilustración do Festival do Libro

Rematado o prazo para participar no concurso de ilustración do VI Festival do Libro, é remarcable o grao de participación tanto en Educación Primaria, coma en Secundaria e Bacharelato, contando con traballos de gran calidade técnica e/ou orixinalidade. A continuación expóñense algunhas das obras presentadas en secundaria, á espera do "veredicto". 
Proximamente darase a coñecer os gañadores ou gañadoras nas categorías de Primaria e de Secundaria e Bacharelato. Como xa sabedes, só pode haber un gañador por categoría, pero quen non o consiga non debe de desanimarse. Todo esforzo ten a súa recompensa.



  



  




 


sábado, 16 de febrero de 2019

Remata o prazo para o concurso de ilustración do VI Festival do Libro!!

Pois iso: aviso a navegantes! Todos os interesados e interesadas en participar no concurso de ilustración do VI Festival do Libro que se convocou o 8 de xaneiro, tede en conta que o prazo para presentar os traballos remata o vindeiro venres día 22 de febreiro.



Cónstame que algúns de vós xa o tedes bastante avanzado, pero seguro que a máis de un lle pareceu moi lonxano o prazo de mes e medio e, xa está aquí!! Inexorable coma o paso do tempo mesmo. De modo que apurade o sprint final e agardemos a ver os resultados.

miércoles, 9 de enero de 2019

Concurso de ilustración do VI Festival do Libro

Xa están en marcha os preparativos para o VI Festival do Libro e, como xa é tradición, convócase o concurso de ilustración para decidir cal será a imaxe do evento. Hai dúas categorías: primaria, por unha parte, e secundaria e bacharelato pola outra. Os traballos seleccionados empregaranse nas comunicacións do festival: blog, programa... 

Bases do concurso.
Así que, estudantes, poñede a traballar a vosa creatividade e a expresividade plástica para reflictir nas vosas creacións o espírito do festival,  que nesta edición leva por lema: "Leer es crecer". Demais membros da comunidade educativa, agardemos para desfrutar do seu talento!

jueves, 20 de diciembre de 2018

Tarxetas de Nadal 2018

Como xa sabedes, nun concurso non pode gañar todo o mundo. Aínda así, a participación no Concurso de Tarxetas de Nadal organizado polo colexio foi moi alta e é unha mágoa que as obras dos alumnos que tanto esforzo puxeron na súa realización non se expoñan. Por iso ofrezo este espazo para publicar algunhas delas, como a mostra que tedes máis abaixo. Se algún dos participantes quere que a súa obra forme parte das expostas, co seu nome ou de maneira anónima, que non dubide en poñerse en contacto comigo. Feliz Nadal!





jueves, 29 de noviembre de 2018

Celebramos a semana da ourensanía

Con motivo da semana da ourensanía, dedicada este ano ó reino Suevo en Ourense, os alumnos e alumnas de plástica de 4º da ESO analizaron a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, coa súa singular xeometría de cruz grega e as súas pinturas de sorprendente cromatismo. Os seus traballos, uns dende o punto de vista do debuxo técnico e outros de máis libre interpretación artística, poden verse expostos no hall do colexio esta semana. Bo traballo, xente!



miércoles, 7 de noviembre de 2018

Concurso de tarxetas de Nadal

Como cada ano, no que xa vén sendo unha tradición máis, convócase o concurso de tarxetas de nadal, no que pode participar todo o alumnado do colexio pero no que se espera unha alta participación, sobre todo, do alumnado de plástica.  Na imaxe de abaixo recóllense as bases do concurso.

Así que xa sabedes, ídevos imbuíndo do espírito do nadal, botade man do voso arsenal de debuxo e dádelle unha nota de cor á paisaxe do colexio. A traballar!

jueves, 31 de mayo de 2018



PERSPECTIVA CÓNICA OBLICUA

Y para terminar el curso , con perspectiva cónica oblicua. Muy buena aproximación a la visión real de nuestro entorno