miércoles, 17 de junio de 2020

TAREFA PARA RECUPERACIÓN DE PLÁSTICA PENDENTE DE 1º DE ESO

Boas,

Para os alumnos que teñan pendente a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º da ESO, proponse a realización da proba que aparece nas imaxes. Unha vez feita, deberase enviar ao profesor a través de email, ben á conta de dibujoplasticazorelle@gmail.com ou ben ó mesmo correo electrónico ao que se envían habitualmente as tarefas de matemáticas.



Un saúdo!

viernes, 12 de junio de 2020

1ºBACH_ÚLTIMA SEMANA - ÚLTIMA ENTREGA 19 XUÑO

Bos días a todxs!

Tal e como falamos na clase de hoxe aquí vos deixo o exercicio para a última entrega para o día 19 de Xuño. 
Envíovos por mail a clase de hoxe para quen lle interese botarlle un ollo. 
Aqueles que non estedes ao día coas entregas anteriores tendes esta última semana para facelas, o prazo remata o 19. 

Un abrazo forte para todxs! 


jueves, 11 de junio de 2020

1ºBACH_SEMANA 10-11 XUÑO

Bos días a todxs!

Seguimos avanzando e collendo destreza coas perspectivas ISOMÉTRICAS.
Déixovos un pdf onde podedes ver o exercicio proposto para a entrega do venres pasado día 5 de Xuño, explicado paso a paso. Botádelle un ollo e si aínda así hai algún tipo de dúbida estarei ó outro lado do correo electrónico ou podémola resolver na clase de mañá.

Mañá na clase online das 12h faremos un par de exercicios exemplo para a última entrega que será o venres próximo día 19. 

O venres ás 12h correxirémola na clase online. 
Para máis dúbidas estou ó outro lado do correo electrónico. 


Moitísimo ánimo que xa non queda nada! 
AVISO para os alumnxs que teñen a 1ª ou a 2ª Avaliación pendente: Contestade os meus mails para poder recuperar!!!

Espero que sigades ben, un saudiño a todxs!!!

lunes, 1 de junio de 2020

1ºBACH_SEMANA 3-4 XUÑO

Bos días a todxs!

Como falamos na clase do venres pasado, este temario costa un pouco e a única forma de avanzar é facer pezas e ir collendo destreza así que seguimos coas  perspectivas ISOMÉTRICAS
Na clase online do venres 22 fixemos os exercicios que tiñamos para entregar, envíovos o enlace da clase por mail para aqueles que non puidestes asistir. 
Déixovos a continuación o exercicio para a entrega do día 5 de Xuño.  
O venres ás 12h correxímolo na clase online. 
Para máis dúbidas estou ó outro lado do correo electrónico. 

Non desisto e anivarmos a participar na clase online do venres, seguro que vos axuda a entender como facer as isometrías. 
Moitísimo ánimo que entramos na recta final do curso! 

Espero que sigades ben, un saudiño a todxs!!!