martes, 26 de mayo de 2020

1ºBACH_SEMANA 27-28MAIO

Boas tardes a todxs!

Tanto a semana pasada como esta seguimos coas perspectivas ISOMÉTRICAS. O obxectivo é, como xa sabedes gañar destreza no debuxo de pezas en tres dimensións a través das vistas en diédrico, por eso a web interactiva coa que estamos a traballar é unha boa ferramenta para que melloredes neste aspecto. 
Na clase online do venres 22 fixemos o exercicio que tiñamos para entregar e outro máis, envíovos o enlace da clase por mail. 
Déixovos a continuación os dous exercicios para a entrega do día 29 de Maio.  
O venres ás 12h correxímolos na clase online. 
Para máis dúbidas estou ó outro lado do correo electrónico. 

Animádevos a participar na clase online do venres, con cámaras encendidas ou apagadas!!

Espero que sigades ben, un saudiño a todxs!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario