miércoles, 29 de abril de 2020

1ºBACH_SEMANA 29-30 ABRIL

Boas tardes a todxs!! 
Como xa sabedes seguimos traballando as vistas de pezas xeométricas, unha das mellores formas de avanzar na visión espacial é 'traballalo', como? facendo pezas e máis e máis pezas...os exercicios das dúas semanas anteriores eran bastante sinxelos, hoxe complicámolo un pouco máis...aínda que non demasiado. A ver que vos parecen.
Déixovos un par de enlaces onde atopar os exercicios e as solucións
Trátase de mellorar, así que non vale de nada mirar as solucións antes...Confío en vos! 
Aquí estou agardando as vosas dúbidas.
Moito ánimo e un abrazo para todxs!! 


2ºBACH_SEMANA 29-30ABRIL


Boas tardes a todxs!!
A CIUG acaba de publicar un modelo de exame para Debuxo Técnico para as probas da ABAU 2020, déixovolo neste enlace para que lle botedes un ollo. O máis importante de todo é que en vez de ter dous exames entre os que elexir (OPCIÓN A e OPCIÓN B) como nestes anos atrás, teredes un único exame con 6 exercicios nos que poderedes elexir 3, sen condicións, é dicir os tres que prefirades. 

Déixovos por aquí os modelos de exame da ABAU 2016 e 2015, así como as súas solucións, facede os terceiros exercicios que son os que traballan o SISTEMA AXONOMÉTRICO compoñendo unha figura en isométrica a partir das vistas ou polo contrario debuxar as vistas dunha figura dada en perspectiva. 

Aquí quedan os enlaces: 
EXAME ABAU 2016 e SOLUCIÓNS ABAU 2016
EXAME ABAU 2015 e SOLUCIÓNS ABAU 2015

Como sempre, facede os exercicios desa parte e por favor contádeme as dúbidas que vaiades tendo e imos resolvendo vía mail. Non miredes antes as solucións!!!


Moito ánimo a todxs!!

jueves, 23 de abril de 2020

2ºBACH_SEMANA 22-23 ABRIL


Bos días a todxs!!

Imos a seguir traballando con axonométrico e para eso temos os exercicios de SISTEMA AXONOMÉTRICO da ABAU 2018 para esta semana. 
Déixovos os modelos de exame de ese ano e déixovos tamén as solucións

Tamén vos deixo os exames da ABAU 2017, exercicios e solucións.

Como sempre, facede os exercicios desa parte e por favor contádeme as dúbidas que vaiades tendo e imos resolvendo vía mail. Non miredes antes as solucións!!!


Moito ánimo a todxs!!

viernes, 17 de abril de 2020

2ºBACH_SEMANA 15-16 ABRIL


Boas tardes a todxs!!

Como xa vos adiantei por correo electrónico, seguimos practicando exercicios de AXONOMÉTRICO. 
Déixovos uns modelos de exame de anos anteriores neste enlace e neste, facede os exercicios desa parte e por favor contádeme as dúbidas que vaiades tendo e imos resolvendo vía mail.
Resolverei os exercicios e teredes as solucións dispoñibles no seguinte enlace nos próximos días.

Moito ánimo e a seguir traballando!!

1ºBACH_SEMANA 15-16 ABRIL


Boas tardes a todxs!! 
Como xa vos contei por correo electrónico comezamos tema novo, TEMA 11, VISTAS. 
Das páxinas 148 á 152 é repaso do que xa vimos en Sistema Diédrico, así que podedes botarlle un ollo porriba e pasar directamente ás páxinas 153,154 e 155. Por si hai alguén que non teña o libro de texto na casa, déixovos este enlace onde atoparedes as páxinas ás que vos fago referencia. Tamén vos deixo este outro enlace onde podedes ver un resumo do tema das vistas dun obxecto así como practicar con exercicios a mellora da visión espacial. Hai unha chea de figuras que vos axudarán a avanzar no tema da identificación das vistas dun obxecto. Botádelle un ollo e ídesme decindo que tal o levades. Podemos traballar a páxina 5 e 7 de aquí ó mércores que ven. E para a próxima semana traballamos a 6 e a 8.
Déixovos aquí as solucións para autoavaliarvos cando teñades feitos os exercicios.
Aquí estarei esperando as vosas dúbidas, ánimo!!!!

BENVIDXS ó 3º TRIMESTRE do CURSO 2019/2020


Bos días a todxs, como sabedes o pasado martes día 14 de Abril deu comezo o 3º trimestre do curso e imos implementar para a materia de Debuxo Técnico o emprego do Blog como unha ferramenta máis de información e comunicación entre vós, os alumnos e as vosas familias, e máis eu, a profe de Debuxo.  
Aínda que xa recibistes vía mail, como nas anteriores semanas, o temario e os exercicios a desenvolver ata a vindeira semana, vou a deixar unhas pequenas instruccións nesta primeira entrada, para adiantarvos como imos a traballar a partir de agora.
Cada semana haberá unha entrada no blog coa seguinte información:
1.         CONTIDOS que imos a desenvolver nas dúas sesións semanais.
2.   RECURSOS cos que traballar de forma eficiente e clara os contidos elexidos, que ben poderán ser páxinas do libro de texto da materia, vídeos relacionados, enlaces a blogs específicos de debuxo técnico, etc.
3.   POSTA en PRÁCTICA do traballado cos recursos empregados para contribuir á aprendizaxe dos contidos. Deixareivos dous enlaces onde atoparedes por unha banda os exercicios que debedes de facer e entregar e polo outro as solucións para que poidades facer AUTOAVALIACIÓN dos mesmos.

Esto que vos describo non é máis que o que vimos facendo estas últimas semanas desde que estamos confinados nas nosas casas. A posta en práctica serán exercicios para resolver e entregar antes da seguinte sesión. O modo de entrega é o mesmo que ata o de agora, escaneades as solucións dos exercicios feitos por vós ou facedes unha foto co móbil o máis clara posible e enviádela ó meu mail.

Antes da entrega e como vimos facendo eu estarei atenta ó mail para ir resolvendo as dúbidas que vos vaian xurdindo durante o tempo que lle adiquedes cada un de vós á posta en práctica.

E por último enviar unha mensaxe a tódolos pais, informarvos que estou á disposición de cada un de vós a través do meu correo electrónico (martasagi@hotmail.com) para que contactedes conmigo en caso de necesitar resolver calquera tipo de dúbida respecto ó que se refire ós vosos fillos na materia de Debuxo Técnico.

Un abrazo forte a todxs e moito ánimo para seguir levando esta situación da mellor forma posible!!!!

miércoles, 1 de abril de 2020

Consulta de cualificacións da segunda avaliación


Resumo de actividades do día 01/04/2020

Bos días!

Os alumnos de 3ª de ESO-B que terían clase de plástica no día de hoxe, deben adicar o tempo correspondente a rematar a infografía presentada a semana pasada. Para os que vaian rematando, no curso de Edmodo, proponse unha nova lámina consistente na elaboración dun mapa ou rueiro con indicadores simbólicos de lugares de interese.

Un saúdo!