martes, 31 de marzo de 2020

Resumo de actividades do día 31/03/2020

Os alumnos de 3ª de ESO-A que terían clase de plástica no día de hoxe, deben adicar o tempo correspondente a rematar a infografía presentada a semana pasada. Para os que vaian rematando, no curso de Edmodo, proponse unha nova lámina consistente na elaboración dun mapa ou rueiro con indicadores simbólicos de lugares de interese.

Os alumnos de 4º de ESO-A que terían clase de plástica no día de hoxe, deben adicar o tempo correspondente a continuar coas actividades propostas a semana pasada, a saber:

  • Storyboard
  • Análise de planos e outras técnicas cinematográficas
  • Realización dun vídeo
Os alumnos de 1º da ESO, como traballo correspondente ás sesións desta semana, deberán trazar nun segmento de 10 cm de lonxitude e calcular a súa mediatriz. Noutra lámina, deberán trazar un ángulo calquera e obter a súa bisectriz

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario