martes, 31 de marzo de 2020

Resumo de actividades do día 31/03/2020

Os alumnos de 3ª de ESO-A que terían clase de plástica no día de hoxe, deben adicar o tempo correspondente a rematar a infografía presentada a semana pasada. Para os que vaian rematando, no curso de Edmodo, proponse unha nova lámina consistente na elaboración dun mapa ou rueiro con indicadores simbólicos de lugares de interese.

Os alumnos de 4º de ESO-A que terían clase de plástica no día de hoxe, deben adicar o tempo correspondente a continuar coas actividades propostas a semana pasada, a saber:

  • Storyboard
  • Análise de planos e outras técnicas cinematográficas
  • Realización dun vídeo
Os alumnos de 1º da ESO, como traballo correspondente ás sesións desta semana, deberán trazar nun segmento de 10 cm de lonxitude e calcular a súa mediatriz. Noutra lámina, deberán trazar un ángulo calquera e obter a súa bisectriz

Un saúdo!

lunes, 30 de marzo de 2020

Recordatorio de actividades de plástica para o día 30/03/2020

Os alumnos de 4º de ESO que terían clase de plástica no día de hoxe, deben adicar o tempo correspondente a continuar coas actividades propostas a semana pasada, a saber:

  • Storyboard
  • Análise de planos e outras técnicas cinematográficas
  • Realización dun vídeo
Os alumnos de 1º de ESO, deberán trazar un segmento de 10cm e obter a súa mediatriz.
Un saúdo!

jueves, 26 de marzo de 2020

Resumo de actividades do día 26/03/2020

Os alumnos de plástica de 4º de ESO B, dispoñen en Edmodo de recursos e indicacións para a realización de tarefas para as sesións de hoxe e vindeiras.
  • Vídeo explicativo dos planos na linguaxe cinematográfica
  • Análise técnico-narrativo e película ou vídeo.
  • Elaboración dun vídeo empregando os diferentes tipo de planos.

Un saúdo.

miércoles, 25 de marzo de 2020

Resumo de actividades do día 25/03/2020

Boas!

Os alumnos de 3ºESO-B, que tiñan hoxe sesión de plástica teñen no respectivo curso de Edmodo as pautas para realizar unha actividade proposta para esta sesión e, polo menos, a vindeiras: a procura de información e a realización dunha infografía sobre algún tema de impacto ambiental.

Un saúdo!

martes, 24 de marzo de 2020

Actividades do día 24/03/2020

Boas,
  • Os alumnos de 3ºESO-A que terían hoxe sesión de plástica, dispoñen no correspondente curso de Edmodo das pautas necesarias para a realización dunha infografía, que supón carga de traballo para as sesións desta semana e da próxima.
  • Os alumnos de 4ºESO-A, que tamén terían sesión de plástica, deben continuar coa realización do guión gráfico, análise de película e/ou realización de vídeo.
  • Os alumnos de 1º da ESO, como traballo correspondente ás sesións desta semana, deberán trazar nun folio branco catro rectas paralelas entre sí e dúas rectas perpendiculares entre sí.
Un saúdo.

lunes, 23 de marzo de 2020

Tarefas de plástica para o día 23/03/2020

Os alumnos de plástica de 4º de ESO , dispoñen en Edmodo de recursos e indicacións para a realización de tarefas para as sesións de hoxe e vindeiras.
  • Vídeo explicativo dos planos na linguaxe cinematográfica
  • Análise técnico-narrativo de película ou vídeo.
  • Elaboración dun vídeo empregando os diferentes tipo de planos.

Un saúdo.

sábado, 21 de marzo de 2020

Seguimento de Debuxo Técnico

Aviso para os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato:

En aplicación das directrices de educación a distancia con motivo do confinamento establecido para tratar de evitar a propagación do Covid-19, as materias de Debuxo Técnico de 1ª e 2º curso de Bacharelato impartiranse empregando como vía de comunicación preferente o e-mail.

Para calquera consulta ou en caso de non estar recibindo os correos correspondentes, o e-mail de contacto da profesora Marta é o seguinte:
martasagi@hotmail.com

Un saúdo.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Tarefas para o 18/03/2020

Boas,
Os alumnos de 3ESO B, que tiña hoxe sesión de plástica, dispoñen no curso correspondenre de Edmodo da información para a realización dun pictograma, como tarefa para a sesión de hoxe.
Un saúdo

martes, 17 de marzo de 2020

Tarefas de plástica para o día 17/03/2020

Boas,
Os alumnos de plástica de 3º de ESO A e 4º de ESO A dispoñen nos respectivos cursos de edmodo as instruccións para a realización das tarefas de plástica correspondentes ás sesións de hoxe.

  • 3º Realización dun pictograma
  • 4º Realización dun storyboard
Boa tarde e ánimo!

domingo, 15 de marzo de 2020

Eu quedo na casa


De conformidade coas directrices establecidas pola Consellería de Educación con motivo da declaración do estado de emerxencia pola pandemia de coronavirus, nas vindeiras semanas continuaremos programando contidos e actividades de reforzo e ampliación por vía telemática.

Para isto, na materia de Plástica de 3° e 4° de ESO empregaremos os correspondentes cursos de Edmodo como plataforma de reposición de materiais didácticos así como a xeito de vía de comunicación de preferencia. Os contidos e actividades serán publicados en consonancia cos horarios lectivos, polo que se aconsella revisar periódicamente a plataforma mesmo se conta cun servicio de notificacións.

A pesar disto, se houbera incidencias coa plataforma ou para maior información relativa a estas materias, facilito tamén o correo electrónico de contacto: dibujoplasticazorelle@gmail.com
Tratemos de tirar o maior proveito posible da situación.