jueves, 29 de noviembre de 2018

Celebramos a semana da ourensanía

Con motivo da semana da ourensanía, dedicada este ano ó reino Suevo en Ourense, os alumnos e alumnas de plástica de 4º da ESO analizaron a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, coa súa singular xeometría de cruz grega e as súas pinturas de sorprendente cromatismo. Os seus traballos, uns dende o punto de vista do debuxo técnico e outros de máis libre interpretación artística, poden verse expostos no hall do colexio esta semana. Bo traballo, xente!



miércoles, 7 de noviembre de 2018

Concurso de tarxetas de Nadal

Como cada ano, no que xa vén sendo unha tradición máis, convócase o concurso de tarxetas de nadal, no que pode participar todo o alumnado do colexio pero no que se espera unha alta participación, sobre todo, do alumnado de plástica.  Na imaxe de abaixo recóllense as bases do concurso.

Así que xa sabedes, ídevos imbuíndo do espírito do nadal, botade man do voso arsenal de debuxo e dádelle unha nota de cor á paisaxe do colexio. A traballar!